Axenda [23/IV/2015] Xornada sobre Filgueira no Ateneo de Pontevedra

Diálogo "Universo Filgueira. As persoas que o influíron e conformaron a súa personalidade"

Con Germán Torres de Aboal (Licenciado en Filosofía e Ciencas da Educación, biógrafo de Xosé Filguera Valverde) e Fernando Filgueira (médico, directivo do Ateneo de Pontevedra, fillo de Xosé Filgueira Valverde)

O acto terá lugar o vindeiro xoves, 23 de abril, ás 20 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (rúa de Don Filiberto, 9-11, Pontevedra)

Á Cultura Galega

Quixera lograr destas páxinas miñas que fixesen ao lector amar, por coñecer, os vellos oficios da nosa terra, si é que mira con desdén a quen os exercen, si é que pasa con indiferenza ante obras fillas do seu esforzo, móstrense na dignidade dos museos ou sáianlle ao paso no "trivium" aldeán, no feiral, na rúa, no porto...

Información de contacto

 contacto (@) filgueiravalverde.gal
 +34 646 082 658
 Rúa Benito Corbal 19
36001 Pontevedra

Síguenos