Imprimir esta páxina

Música de concerto para 73 poemas en galego.

Filgueira e o Festival de la Canción Gallega de Pontevedra (1960-1967)

¿Era posible na Galicia dos anos sesenta saca-la lingua galega ás rúas urbanas nun contexto de elegancia e tenrura? ¿Era posible na Galicia dos anos sesenta dota-la poesía en lingua galega de música de alta calidade?

A resposta a esas preguntas é que entre 1960 e 1967 nin había moita demanda de tal traballo nin había suficientes conservatorios para tal empresa: o de Ourense nacera o 28.9.1958. Pero hai outro dato sintomático da debilidade da demanda de galego formalizado: en 1965 o Concilio Vaticano II admitiu as linguas modernas na liturxia e as misas deixaron de ser en latín para ser en catalán en Cataluña, en éuscaro no País Vasco, en castelán en Castela; pero en Galicia o galego tivo que agardar a 1969, porque a demanda de uso formal da lingua galega era moi baixa.

 

Para le-lo documento completo,  descarga o PDF co título Filgueira e o Festival de la Canción Gallega de Pontevedra (1960-1967)