Fundación Filgueira Valverde

Fundación Filgueira Valverde

09 Mar 2015

Neste enlace poderás descargar unha das obras poéticas de Filgueira, publicada no número 7 do Caderno de Poesía "Albor" e 1941, editada por J. Díaz Jácome.

 

06 Mar 2015

A "Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra" ofrecerá un concerto na Igrexa pontevedresa de San Francisco o 12 de abril ás 20:30.

06 Mar 2015

A Fundación Penzol adicou o seu boletín Novas Penzol 9 ós fondos realizados por don Xosé e ós que sobre el mesmo existen nas súas instalacións.

O boletín é o resultado do coidadoso traballo do seu responsable, Silvestre Gómez Xurxo, e do persoal desa casa.

23 Feb 2015

A Cidade da Cultura acolleu o acto de presentación das actividades na honra do profesor Filgueira. 

01 Xan 2015

¡Desde a Fundación Filgueira Valverde dámosvo-la benvida!

Ben chegado o ano 2015, no que témo-la inmensa honra de homenaxea-la figura senlleira de Xosé Fernando Filgueira Valverde como autor escollido pola Real Academia Galega na celebración do Día das Letras Galegas 2015.

E benvidos vós a esta páxina web aínda en construción -confiamos na vosa comprensión persoal e cibernética ó respecto- coa que agardamos coñezades máis a fondo ó noso pai, profesor, erudito e admirado Filgueira.

30 Dec 2014
30 Dec 2014

No Altes Museum de Berlín hai un cadro redondo (Tondo severiano) no que Caracala fixo borra-la imaxe do seu irmán Xeta como tamén o borrou das moedas, do arco do Foro Romano e prohibiu a súa lembranza: foi a damnatio memoriae, «a condena da lembranza», a morte definitiva porque o que non se nomea non existe.

Páxina 3 de 3

Á Cultura Galega

Quixera lograr destas páxinas miñas que fixesen ao lector amar, por coñecer, os vellos oficios da nosa terra, si é que mira con desdén a quen os exercen, si é que pasa con indiferenza ante obras fillas do seu esforzo, móstrense na dignidade dos museos ou sáianlle ao paso no "trivium" aldeán, no feiral, na rúa, no porto...

Información de contacto

 contacto (@) filgueiravalverde.gal
 +34 646 082 658
 Rúa Benito Corbal 19
36001 Pontevedra

Síguenos