Imprimir esta páxina

Feiraco leva a imaxe de Filgueira Valverde a un millón de envases de leite

Presentouse en Pontevedra unha campaña ben curiosa que a Cooperativa Feiraco, conxuntamente coa Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Foro Peinador, quixeron levar a cabo dentro dos actos de conmemoración do Día das Letras Galegas dedicados neste ano á exaltación da figura do intelectual pontevedrés D. Xosé Filgueira Valverde.