Imprimir esta páxina

A Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra ofrecerá un concerto adicado a Filgueira

A "Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra" ofrecerá un concerto na Igrexa pontevedresa de San Francisco o 12 de abril ás 20:30.

Conmemorando o 90º aniversario da presentación pública da Coral, o concerto estará adicado a don Xosé quen, á marxe de estar moi vencellado cos fundadores da Coral, foi o seu presidente durante moitos anos.