O acto foi presidido polo Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e asistiron Fernando Filgueira (Presidente da Fundación), Ana Isabel Vázquez (Deputada Provincial por Pontevedra), Ramón Villares (Presidente do Consello da Cultura), Henrique Monteagudo (Secretario da Real Academia Galega) e Rosa María Vilas (Directora da Televisión de Galicia). Nel deuse conta dos eventos que terán lugar ó longo deste 2015, ano Filgueira Valverde.